Wednesday 08 de May de 2024

Turismo de Galicia colabora coa Fundación Menudos Corazones na súa peregrinación a Compostela


Os nenos e nenas da Fundación Menudos Corazones están a realizar, por segundo ano consecutivo, un tramo do Camiño de Santiago na súa vertente portuguesa

Os nenos e nenas da Fundación Menudos Corazones están a realizar, por segundo ano consecutivo, un tramo do Camiño de Santiago na súa vertente portuguesa.

O grupo formado po un total de 32 persoas, entre nenos con cardiopatía, voluntarios, médicos, enfermeiras, adestradores persoais e monitores de ocio e tempo libre, iniciaron a súa peregrinación o 7 de setembro e esta previsto que cheguen á meta do Camiño, Santiago de Compostela, o próximo 14 de setembro.

Unha andaina que estiveron a preparar durante todo o ano con adestramentos, actividades de captación de fondos, reunións e convivencias.

Este proxecto iniciouse o pasado ano, culminando cun percorrido dende Ventas de Narón a Santiago de Compostela, e a experiencia foi tan boa que case todos repiten e outros novos se uniron nesta segunda edición.

O proxecto conta coa colaboración de Turismo de Galicia que comprometeuse a garantirlles un lugar de descanso e recuperación onde pasar as noites acorde a situación clínica dos mozos.

Fundación Menudos Corazones
A Fundación Menudos Corazones é unha entidade sen ánimo de lucro cuxa finalidade é levar a cabo os programas e actividades necesarios para mellorar a calidade de vida dos nenos e mozos con cardiopatías conxénitas e das súas familias.